Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Alta tecnoloxía

Lei de dependencia á xaponesa

Os robots preséntanse como mellor opción para cubrir vacantes laborais e coidar dunha poboación cada vez máis vella.

Redacción - 11:00 03/09/2009
Ri-man, un robot deseñado para coidar das persoas maiores

Ri-man, un robot deseñado para coidar das persoas maiores

A poboación do Xapón está a sufrir o avellentamento dun xeito semellante á galega, o que tamén provoca que haxa cada vez menos persoas en idade laboral. As previsións son que a finais de século a poboación diminúa até a metade. O novo goberno xaponés está a tomar medidas moi diferentes ás que se estilan en Occidente.

Segundo informa a BBC, unha das opcións nas que se pensa é construír máis robots para que fagan o traballo vacante. Tamén os androides se ocuparán de facerlle compañía á xente maior ou mesmo de axudar as persoas dependentes. A ONU calcula que a mediados de século haberá más dun millón de persoas centenarias no país do Sol Nacente, e precisarán de coidados.

No Xapón xa existen robots que falan e cantan para entreter os maiores, ademais doutros que poden erguer pacientes da cama, transportalos ou actuar como recepcionistas dun hospital. Polo xeral, os xaponeses son máis proclives a substituír os humanos por máquinas ca a permitir a entrada de máis inmigrantes que fagan o traballo. De feito, só o dous por cento dos traballadores proceden do exterior.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: