Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Economía

O BCE revisa á alza as previsións de crecemento mais mantén os tipos

O Banco Central Europeo considera que os indicadores para o terceiro trimestre de 2009 apoian a idea de que a zona euro segue a se estabilizar.

Redacción - 18:00 03/09/2009
Jean-Claude Trichet, presidente do BCE

Jean-Claude Trichet, presidente do BCE

O Banco Central Europeo (BCE) revisou esta quinta feira á alza as súas previsións de crecemento e inflación para 2009 e 2010, aínda que mantivo a prudencia e a cautela respecto da recuperación económica, polo que manterá os tipos no 1% algún tempo.

O presidente do BCE, Jean-Claude Trichet, dixo que "os indicadores para o terceiro trimestre de 2009 apoian a idea de que a economía da zona euro se estabiliza máis".

Por iso e debido a que o comportamento da actividade económica foi no segundo trimestre mellor do esperado, o BCE revisou notabelmente á alza os seus prognósticos de crecemento para este ano e o próximo.

Trichet explicou que o consello de goberno do BCE decidiu previamente por unanimidade deixar inalterado por cuarto mes consecutivo o prezo do diñeiro no 1%, un nivel historicamente baixo, para apoiar o incipiente crecemento económico.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: