Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Na radio

CIG-Ensino denuncia que Educación se está a publicitar en castelán

O sindicato asegura que a consellaría está a gastar en propaganda o diñeiro que aforrou en libros de texto.

Redacción / EP - 11:11 05/09/2009

O sindicato CIG-Ensino acusou a Consellaría de Educación de excluír o galego das cuñas radiofónicas e de "non ter reparo" en pagar "con diñeiro público autopropaganda feita en castelán".

Nun comunicado, CIG-Ensino lamentou que o departamento autonómico faga explícita unha "clara persecución contra o idioma" e persista na súa política de "exterminio e marxinación" do galego, xa que usa o castelán "nunha porcentxe desmedida e exclusiva na maioría de medios de comunicación".

Así mesmo, considera grave que se use "unha gran cantidade de diñeiro público", que procede "dos recortes que se están a facer en prestacións sociais", como foi a gratuídade dos libros de texto. Por iso, pediu que destine os fondos públicos "a manter unha prestación que foi unha conquista social".


4,82/5 (22 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: