Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Publicidade

Do "condón, condón!" musical ao estigma do "asasino de masas"

Dúas campañas televisivas, unha na India e outra en Alemaña, procuran previr o contaxio do VIH usando tácticas diferentes: o humor e o terror.

Redacción - 12:00 07/09/2009

A publicidade en televisión é un dos métodos máis utilizados no mundo para concienciar dos perigos do contaxio do VIH cando se manteñen relacións sexuais sen protección. Se ben, as tácticas son diferentes dependendo da cultura do país en que se desenvolven.

Na India, por exemplo, as persoas portadoras viven estigmatizadas, e non se fala abertamente da cuestión polo que o descoñecemento do virus -tamén de como se transmite- é grande. Dende hai meses, o Goberno está a combater esta situación con anuncios humorísticos na TV para fomentar o uso do preservativo.

A estigmatización dos seropositivos é precisamente o que provocan campañas como unha recentemente difundida en Alemaña -e galardoada-, segundo denuncian as principais organizacións na loita contra a sida do país. Un home que representa a Adolf Hitler mantén relacións sexuais cunha muller sen condón no vídeo, que remata coa frase "A sida é un asasino de masas".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: