Un coñecido deu o aviso despois de que o individuo o chamou dicindo que a súa embarcación quedara sen combustíbel.
Efectivos de Salvamento Marítimo seguen á procura dun home que desapareceu na noite do luns na zona de Cabo Estai, despois de alertar un coñecido de que a súa embarcación quedara sen combustíbel mentres navegaba.
Así llo informaron a Europa Press fontes do Centro de Salvamento Marítimo de Vigo e do 112, quen recibiu preto das 21 horas de onte a chamada dun particular que alertaba de que un coñecido chamara para dicirlle que a súa barca quedara se combustíbel e que se atopaba na zona de Cabo Estai, coa proa cara á localidade de Toralla.
Xa o luns puxéronse en marcha para o rastrexo a embarcación Salvamar 'Mirage' e o remolcador 'Sebastián do Campo', así como o helicóptero Pesca 1 e efectivos de Protección Civil que buscaron o home por terra. A operación de procura, que foi suspendida ao redor das 00:30 horas, retomouse o martes á mañá cos mesmos medios, sen que polo momento se atopase nin rastro do home.