Amigos da Terra denuncia que o goberno español permita ás multinacionais experimentar con produtos tranxénicos en España, até o punto de converterse nun campo experimental. O 42% dos ensaios ao aire libre que se realizaron na Unión Europea durante os últimos anos fixéronse en España.
Sen pasar por ningún trámite de avaliación, aseguran na organización, estes perigosos cultivos ao aire libre, supoñen un grave risco de contaminación de cultivos destinados á alimentación. O 82% destes ensaios foron realizados por multinacionais coma Monsanto, Bayer ou Pioneer, o que converte a España no gran laboratorio dos tranxénicos. David Sánchez, responsable de agricultura e alimentación de Amigos da Tierra en Madrid afirmou que hai un risco alto de contaminación, xa que “as plantas que foron modificadas soltan polen, que é transportado polo vento ou as abellas cara cultivos de alimentos, como o trigo para o pan”.
Un proxecto de “maneiras escuras”
Ademais de albergar case a metade dos ensaios ao aire libre na UE, España é o único país que cultiva tranxénicos de forma comercial con máis de 80 mil hectáreas de millo tranxénico cultivadas en 2008. Fonte a esta posición, países coma Francia, Alemaña, Austria, Grecia ou Polonia manteñen a prohibición do seu cultivo.
Sánchez explica que levan “11 anos facendo campañas e denunciando isto, porque se intenta levar a cabo con maneiras escuras, sen transparencias”. Confirma que non recibiron información a cerca de se finalmente se aprobaron as solicitudes de experimentación con millo tranxénico por parte das empresas Monsanto e Pionner. Na actualidade en Galicia declaráronse “Zona Libre de Transxénicos” os concellos de: Lalín, Silleda, Irixo, Chantada, Val do Dubra, Ames, Negreira, Riotorto, Verín, O Grove e Teo.
Argumentos "moi débiles"
Así mesmo, Amigos da Terra desbota as declaración que o Colexio de Fisioterapeutas de Madrid fixo recentemente aos medios de comunicación. Nelas, argumentan que "as bolsas de tea poden ser prexudiciais para a saúde dos consumidores". Dende a organización consideran que se trata de "argumentos moi débiles, xa que os cidadáns son conscientes de se que van levar moito peso, necesitarán varias bolsas de tea, ao igual que coas facían coas de plástico" explica María Durán, responsable da área de residuos da organización ourensá. Con estas declaracións Amigos da Terra entende que se está freando a progresiva eliminación das bolsas de plástico.
Desde Amigos da Terra, denuncian que a produción de bolsas dun só uso (en moitos casos 20 minutos) ao ano. En España cada habitante recibe ao ano unha media de 238 destas bolsas, que tardan 400 anos en descompoñerse. Para a súa fabricación precísanse grandes cantidades de recursos naturais, tales como o petróleo, a auga ou a madeira. Incluso o emprego de bolsas biodegradables "supón que utilicemos produtos que se producen con alimentos e que deixan de ir destinados a ese sector- o alimenticio-", explican na asociación. Animan aos consumidores a que recuperen as alternativas existentes tales coma bolsas de tea, mochilas ou carriños da compra a cuestión é "non xerar novos residuos".