O escritor ribadense, autor de “Xelmírez ou a gloria de Compostela”, faleceu este domingo en Lugo.
Capa de "Xelmírez ou a gloria de Compsotela", de Daniel Cortezón
O teatro galego vén de perder a Daniel Cortezón, o dramaturgo que máis se esforzou por subir a historia galega ás taboas. Cortezón faleceu este domingo no Hospital Xeral de Lugo aos 82 anos de idade, logo de varias semanas hospitalizado por mor dunha enfermidade que empeorou nos últimos días.
Nado en Ribadeo en 1927, Daniel Cortezón Álvarez foi de formación totalmente autodidacta. Ademais de ser autor de textos teatrais, na súa produción inclúense obras de narrativa, ensaio, artigos e traducións. Entre as pezas dramáticas de Cortezón destacan as históricas Xelmirez ou a gloria de Compostela, Pedro Madruga e Crónica de Enrique IV; A diáspora, sobre a emigración; e a tetraloxía Castelao ou a paixón de Galiza.
Fóra do teatro, na súa produción son salientábeis a novela A vila sulagada, premio Blanco Amor na súa primeira edición (1981) e os ensaios O esprito de Galiza e Teatro e nacionalismo, ademais de numerosos artígos en revistas como Rumbo ou Estudios.