Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Entrégase o próximo mes de decembro

Achados en comunicación óptica e semiconductores merecen o Nobel de Física 2009

O chinés Charles K.Kao e os estadounidenses William S.Boyle e George E. Smith, recoñecidos co prestixioso galardón.

Redacción - 13:05 06/10/2009

"Polos innovadores logros relativos á transmisión da luz en fibras para a comunicación óptica", no caso de Charles K Kao, e "pola invención dun circuíto semiconductor de imaxe, o sensor CCD", no que respecta a William S.Boyle e George Smith.

Tales son os merecementos polos cales a a Real Academia Sueca de Ciencias decidiu o premio Nobel de Física este ano. No caso de Kao, nado en 1933 en Shanghai, trátase dun investigador dos laboratorios de telecomunicacións de Harlow, no Reino Unido. Ademais, tamén imparte clase na Universidade de Hong Kong.

Por outra parte, Willard S.Boyle, nado en 1924 en Amherst, no Canadá, e na actualidade con nacionalidade estadounidense, e George E.Smith, nado en 1930, ambos os dous desenvolveron o seu traballo nos laboratorios Bell, en Niuchese.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: