O detido, Elliot Madison, empregou a rede social para enviar mensaxes sobre a posición da policía durante a cimeira de Pittsburgh.
Un activista estadounidense, Elliot Madison, foi arrestado durante as protestas contra o G-20 en Pittsburgh por usar Twitter para informar sobre os movementos da policía. Segundo as forzas de seguridade, Madison e un cómplice usaron computadores e unha radio para controlar as posicións das patrullas e pasarlles esa información aos manifestantes usando a rede social, que nos EUA permite enviar mensaxes a móbiles.
Madison está acusado de dificultar a detención, uso criminal de instalacións de comunicación e posesión de instrumentos criminais. Unha semana despois, a casa do detido en Nova York foi rexistrada por axentes do FBI. Tanto Elliot Madison como o seu avogado, Martin Stolar, foron entrevistados por Democracy Now, un espazo que se difunde a través da internet e de emisoras independentes
Na rede social xa hai unha campaña de apoio a Madison, que consiste en tinguir o avatar de vermello e negro.