Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Intriga histórica

Crimes nun mosteiro: o telefilme galego viaxa ao Medievo

Bren Entertainment comeza o mércores no cenobio de Carboeiro a rodaxe da película para televisión 'As reliquias do santo'.

Redacción - 17:45 09/10/2009

Unha nova produción audiovisual mergúllase estes días nos misterios da Idade Media en Galiza. Ao igual que fixera Umberto Eco n'O nome da rosa, e seguindo a fórmula máxica dos best-sellers da década, Bren Entertainment suma narración histórica e intriga no seu próximo telefilme, As reliquias do santo. Comeza a rodarse o mércores 13 de outubro no mosteiro de Carboeiro, en Silleda.

Bren, unha compañía do grupo Filmax, destaca polo seu traballo no campo da animación. Agora produce a súa primeira película para televisión, ambientada nun mosteiro do século XII no que conviven monxes e monxas, algo frecuente naquela época en Galiza. A historia céntrase nos derradeiros día do mosteiro, nos que unha serie de misteriosos crimes racha coa paz habitual. O bispo vista o cenobio, e con el un veterano das cruzadas que tentará identificar ao culpábel.

As reliquias do santo está dirixida por Toño López, un nome habitual en series, telefilmes e programas de televisión galegos dos últimos anos. O elenco está encabezado por Manuel Regueiro no papel de Ferro, o “detective”, e María Bouzas como a abadesa. Xunto a eles Alfonso Agra, Christian Escuredo, Mariana Expósito, Antía Otero e Pepo Suevos, entre outros.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: