Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
En imaxes

Queremos galego 2.0!

Xente que participou na manifestación do domingo subiu á rede vídeos e fotografías do momento histórico que viviu.

Redacción - 14:06 19/10/2009
A Quintana, ateigada / Flickr: BNG

A Quintana, ateigada / Flickr: BNG

A manifestación deste domingo a prol do galego xa está a atinxir un importante espazo na internet. As novas tecnoloxías mandan, polo que están a predominar os vídeos subidos a YouTube sobre as fotos. Así, hai varios momentos da convocatoria, entre os que destacan o momento en que soou o Himno. De feito hai dous vídeos que recollen ese instante. O ambiente festivo queda patente en pezas como esta.

Tamén se pode asistir ao emotivo discurso de Avelino Pousa Antelo na Praza da Quintana. Pousa Antelo aparece tamén no momento previo á conexión en directo que fixo a TVG coa praza, e que quedou marcado polo berro de "Televisión, manipulación". Quen non estivo na manifestación aproveitou para recompilar a cobertura que a Galega lle deu á convocatoria, tanto no Telexornal Mediodía como no Telexornal Serán.
   
Polo momento, no Flickr segue sen haber moitas fotografías sobre a manifestación, que os internautas preferiron incluír nos seus respectivos blogs. En calquera caso, os que se deron máis presa en subir imaxes foron, por exemplo, o Bloque Nacionalista Galego, Subiela, Puentebello e Fojeteiro.
   
Pola súa banda, en Twitter houbo unha ampla participación de persoas usuarias que contaron ao vivo o ambiente da manifestación, as súas impresións e ligazóns a contidos destacados na rede. Con todo, non conseguiu chegar a ser "trending topic", polo monopolio que o mundo anglosaxón ten desta rede.



4,64/5 (22 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: