O venres 31 de marzo celebrouse na Cámara de Comercio de Santiago a asemblea constituínde de Eganet (Empresas Galegas de Internet). No transcurso desta reunión aprobáronse os estatutos desta nova asociación, ademais doutros temas que foron obxecto de debate. Os temas máis "conflictivos" foron a sé social (finalmente acordouse que Santiago), aceptar ou non empresas con capital público (só cando sexa minoritario), e aceptar ou non empresas de comercio electrónico (só cando a empresa se adica maioritariamente a Internet). Elixiuse tamén a xunta directiva, que terá como presidente a Ramóm Nogueira Vidal, como vicepresidente a Ángel González, como secretario a Javier Represas Seoane, e como vogais a Guillermo Samuel Naveira e a Miguel Ángel Bugarín. Aquelas empresas que non estiveron nesta xuntanza, poden entrar a formar parte da nova asociación ata mañá martes. Máis información na web do Proxecto Alfa que deu lugar a Eganet.
.