Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEMANDA HISTÓRICA

Os autónomos tamén poderán cobrar o paro

O goberno español aproba o anteproxecto de lei que crea un sistema de protección específico, mais algúns colectivos cualifícano de insuficiente.

Redacción - 18:22 20/11/2009
De la Vega asegurou que así se dá cumprimento a unha exixencia histórica dos autónomos

De la Vega asegurou que así se dá cumprimento a unha exixencia histórica dos autónomos

En Consello de Ministros, o goberno español aprobou o anteproxecto de lei que permitirá aos autónomos cobrar unha prestación tralo cese da súa actividade. Aqueles que poidan xustificar un peche do seu negocio involuntario, é dicir, ter perdido o 40% ou máis, poderán cobrar até seis meses de paro (mesmo nove se son maiores de 60 anos).

Os autónomos que queiran ter acceso a esta prestación deberán cotizar un 1,5% adicional durante, polo menos, doce meses continuados antes do peche. A cantidade a cobrar oscilará entre os 583 euros e os 1.383 euros mensuais.

Sindicatos e colectivos de autónomos xa cualificaron como "insuficiente" a medida. Por exemplo a Asociación de Traballadores Autónomos (ATA) non está de acordo coa duración da prestación, porque considera que deixa os traballadores "desprotexidos" e consideran un "agravio" que se cobre seis meses de paro mentres que os afiliados ao réxime xeral poden chegar até os 24.

Máis información nos xornais económicos:


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: