Convidámolos a ver a peza audiovisual que recibiu o primeiro premio do certame organizado pola asociación Andaina.
Bloqueo, a historia dunha moza atrapada nun sistema burocrático "case tan surrealista como o que vivimos", dirixida por Margherita Morello e protagonizada por Rula Blanco e Loli Barbazán, levou o primeiro premio do Festival de Cine Feito por Mulleres, MUFEST, organizado pola Asociación Andaina de Mulleres a pasada fin de semana.
O segundo premio foi para Bata por fóra, muller por dentro, de Claudia Brenlla. E o terceiro galardón levouno 5 Recuerdos, de Oriana Alcaine e Alejandra Márquez. Ademais e, subliñando o "nivel e calidade" das obras recibidas, o xurado decidiu outorgar dúas mencións especiais ás obras Deconstruction of Memory, de Ramona Rodríguez e Tómate o teu tempo, de Sabela Pernas.
Poden ver ao completo a produción gañadora no espazo en Vimeo de Oroboro Films: Bloqueo.