 
Ben, imos facer o número 800.  Esta vez sen homenaxes nin celebracións, así como quen non quere  a cousa, oitocentos numeriños, trinta anos. Iso si, con esa impresión  de desvalemento e desbordamento que por veces nos entra: Xa toca, hai  material? Mandou alguén algo? Algún dos nosos-ollos-e-oídos-pola-
    Que pasaría se a revista Irimia  desaparecese? Ben pouquiño, moi probablemente. Somos moitas cousas,  pero sobre todo somos perfectamente prescindibles. Sabémolo ben e non  nos move ningún afán de deixar pegada histórica.
  A cuestión é ese  pouquiño que se cadra si pasaría. O pequeno é fermoso, e vivimos  desas cousas que nos resultan sinxelas, de dimensión humana, como os  sacramentos da vida dos que fala Boff. Irimia é un fío que conecta  puntos dispersos que comparten un horizonte, unha sensibilidade común. Estamos en época de deserto –o páramo eclesial, a decepción política,  o desconcerto ideolóxico, a manipulación informativa- e nese deserto  buscámonos, recoñecémonos e celebrámonos: aínda hai promesa.
   Os problemas de supervivencia  dun proxecto así son diversos. Triunfou a cultura do pensamento  débil –debilitadísimo-, das “experiencias” fronte ás fidelidades,  do efémero e consumible, do excitante e inmediato e a outra flor bolboretiña.  Aínda máis – coa que está caendo de reacción nacional-católica  dos señores bispos e da España Cañí de medios e poderes-, cando  nese proxecto non se renuncia, senón ao contrario, explóranse e alimentan  novas formas de ser cristián, sen ser lunático ou xurásica, en galego  e desde Galicia.
   Na propia esencia de Irimia  pode estar escrita a súa data de caducidade; no seus catro maiores  valores pode que estea a razón da súa inevitable precariedade: gratuidade,  aposta decidida, fe utópica, humildade. Deben ser catro valores do  século xa pasado. Será por iso que custa tanto o relevo xeracional. 
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto