Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
DEPORTE E SOLIDARIEDADE

Goles contra o cancro

Celébrase a décima edición do torneo que cada ano organiza o Club Deportivo Mabegondo e que recada fondos para o Centro Oncolóxico da Coruña.

Redacción - 10:30 19/12/2009
Cartaz do torneo (clica para ampliar)

Cartaz do torneo (clica para ampliar)

Será o sábado 2 e domingo 3 de xaneiro. O Pavillón de San Marcos (Abegondo) acollerá novamente o torneo de fútbol sala "Mételle un Gol ao Cancro", que chega á súa décima edición e que ten por obxectivo recadar fondos para o Centro Oncolóxico da Coruña. A competición, que xa se converteu nun referente, xa cubriu as súas vacantes de equipos en todas as categorías, polo que todo apunta a que será un éxito.

Competición mixta

Por primeira vez, esta edición deixará de ser integramente feminina e pasará a ser unha competición mixta. Deste xeito, o torneo contará con oito equipos femininos e oito masculinos que, á súa vez, se dividirán en dous grupos de catro equipos. Os catro mellores conxuntos de cada categoría disputarán unha segunda fase (os cruces serán primeiro contra terceiro do grupo contrario e segundo contra cuarto). De aquí sairán as semifinais e as finais.

Esta primeira "liguilla" disputarase o sábado 2 de xaneiro ininterrompidamente dende as oito da mañá até as 12 da noite. Xa o domingo, xogaranse as semifinais e final e procederase á entrega de trofeos. Ademais, a partir das 17:30 da tarde haberá un partido exhibición entre o Deportivo de Veteranos e o CD Burela Fútbol Sala, que compite na División de Prata.

A organización, que corre a cargo do Club Deportivo Mabegondo, chama a participar a todos os interesados, ben xogando ao fútbol sala, ben como público mercando rifas ou colaborando no evento e recordan que "non hai mellor xeito de comezar un novo ano que co deporte e axudando nunha boa causa".


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: