Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOVA REFERENCIA

O goberno español fixa o salario mínimo en 633 euros

O Consello de Ministros aprobou un aumento do 1,5% con respecto a este ano.

Redacción - 17:58 30/12/2009

Calquera traballador que teña unha xornada laboral de 40 horas semanais terá que percibir un mínimo de 633,3 euros. O límite marcado polo goberno español este mércores significa un incremento do 1,5% con respecto a este ano que xa remata.

O executivo de Rodríguez Zapatero defendiu que esta suba busca aumentar progresivamente o salario mínimo interprofesional até os 800 euros, tal e como se comprometeu no seu día.

No caso dos operarios eventuais e temporeiros que non pasen de 120 días de traballo na mesma empresa, o salario non poderá ser inferior a 30 euros por xornada. No que respecta a empregados do fogar o salario mínimo por hora de traballo é de 4,96 euros.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: