O prototipo da Universidade de Coímbra, que se está a expoñer estes días na cidade, leva gañadas numerosas probas internacionais.
Un equipo do departamento de Enxeñaría Mecánica da Facultade de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade de Coímbra desenvolveu un prototipo de vehículo ecolóxico que non para de gañar premios e de bater marcas internacionais na especialidade.
A última proba que venceu o Ecoveículo, creado hai xa máis dunha década, foi o Shell Eco-marathon Youth Challenge, que se desenvolveu no Reino Unido. O automóbil portugués, representado polo prototipo XC20, conseguiu superar os 2.300 quilómetros de percorrido cun litro de gasolina sen chumbo 95. É máis, o coche andou 26.112 quilómetros con 17 litros de combustíbel.
Outro prototipo, o XC01i atópase, até o 30 de xaneiro, exposto na feira Auto-Industrial, en Coímbra. Os seus logros vanse describindo na súa propia web, ecoveiculo.com.