Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN FOLGA

Alfageme segue na rúa

As traballadoras demandan que se lles paguen os salarios endebedados e que se garanta o futuro da empresa.

Redacción - 11:09 22/01/2010

Xornada tras xornada, as traballadoras da conserveira Alfageme seguen manifestándose na rúa exixindo unha resposta para o seu futuro e que se lles pague o que, por dereito, é seu. Este venres, as mobilizacións trasladáronse até os xulgados de Vigo, onde se celebrou un xuízo contra un membro da familia Lago (o fillo do propietario da empresa) por supostas ameazas a un traballador.

Mentres, o peche mantense nas factorías de Vigo e Ribadumia, onde as traballadoras exixen que se faga efectivo o crédito de 1,2 millóns que comprometeu avalar o Igape (xa formalizado por Caixanova nunha notaría de Vigo) e co que agardan que se satisfaga unha nómina e que se reactive a produción paralizada por falta de liquidez para a adquisición de materia prima. Este mesmo venres, o persoal de Alfageme levará a cabo unha votación, para acordar a súa postura ante a oferta da empresa, que pretende abonarlle só unha mensualidade e o resto da débeda abonala de forma fraccionada nos vindeiros meses.

Tamén esta semana, Francisco Rivas foi ratificado polo conselleiro de Economía, Xabier Guerra, como director xeneral da conserveira Alfageme. Este directivo reunirase nos vindeiros días con todas as partes implicadas, antes de elaborar un informe.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: