Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE

O goberno español adianta que o paro seguirá a subir en 2010

O ministro de Traballo, Celestino Corbacho, confirma que a cifra de desempregados vai aumentar outra vez en xaneiro.

Redacción - 13:12 25/01/2010

O executivo de Rodríguez Zapatero puxo a venda antes que se vexa a ferida. O ministro de Traballo sinalou este luns que é previsíbel que o paro volva a subir en xaneiro e que tamén o fará ao longo de todo o ano, aínda que confiou que esta destrución de postos laborais sexa “máis atenuada”.

Corbacho reiterou que o mes de xaneiro é tradicionalmente malo para o emprego. Porén, insiste na idea de que en 2010 a perda de empregos no Estado Español vai ser máis moderada ca no ano pasado.

Nunha intervención parlamentaria, o ministro adiantou que o Consello de Ministros vai analizar esta semana unha posíbel reforma na Seguridade Social. Aínda que mantén que non se prevén recortes de dereitos, Corbacho insiste que o envellecemento poboacional é un fenómeno a ter moi en conta a medio prazo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: