O gobernador de California, Arnold Schwarzenegger, propón financiar a construción dunha prisión en México onde enviar os inmigrantes 'ilegais'.
Schwarzenegger, este luns
O gobernador do estado de California, Arnold Schwarzenegger, anunciou este luns que está a estudar a posibilidade de financiar a construción dun cárcere en México á que enviaría uns 20 mil cidadáns inmigrantes sen permiso de residencia, actualmente en prisións californianas.
"Pagarémoslles para que constrúan a prisión en México, e entón poderemos ter os indocumentados nunha prisión de alí", expuxo Schwarzenegger. "Permitiríanos reducir á metade os gastos na construción de prisións e na manutención dos reclusos", engadiu durante un encontro coa prensa.
A poboación carceraria de California alcanza os 170 mil reclusos, mais un tribunal federal ordenou reducila a 40 mil para cumprir con requisitos mínimos dun coidado de saúde axeitado para os presos.
Schwarzenneger -que sostén que os reos lle custan ao estado 50 mil dólares (máis de 35 mil euros) ao ano- estabeleceu unha seria de cambios que se aplican desde este luns. Por exemplo, condenas máis curtas e programas para que os presos traballen como bombeiros ou socorristas en troques de anos de reclusión.
Máis información: