Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ERE na súa planta de Ferrolterra

Malia admitir un "balance positivo" Megasa pon no fío a 175 traballadores

A siderúrxica con sede en Narón presenta un "ERE temporal" que afectaría neste ano 2010 a 175 dos seus 201 traballadores.

Redacción - 12:35 27/01/2010

A desaceleración no sector da construción e do consumo é o argumento exposto por Megasa para o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) de carácter "temporal" que acaba de propoñer a dirección da empresa. Aseguran que non se debe a causas económicas, senón "técnicas, produtivas e organizativas" e explican que a planta de Narón acumula máis de 100 mil toneladas de material "á espera de ser vendido". Sinalan ao respecto que das 800 mil toneladas de produción potencial da factoría, apenas se chegou no último exercicio ás 500 mil toneladas (de xeito concreto a fábrica adícase á fundición de aceiro procedente de ferralla para crear barras que se destinan á construción).

Á espera da análise dos datos de 2009, nos últimos exercicios Megasa sempre rexistrou beneficios e aseguran que o último balance seguirá sendo positivo. O voceiro do comité de empresa, presidido pola UXT, Vicente Ribas, adiou a avaliación da proposta até que se coñeza o detalle da documentación achegada pola dirección. O ERE desenvolverase durante doce meses e afectará nun máximo de 90 días a cada uns dos 175 traballadores. Formularase de forma rotativa nas distintas quendas e non parará a produción, quedando fóra da regulación os operarios da sección de carga.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: