 
 
A consellaría reafirma a súa intención de non contemplar ningún tipo de discriminación positiva cara a lingua autóctona.
Poucas horas despois de que o Consello da Cultura presentase un informe sobre o proxecto de decreto, a Consellaría de Educación fixo público un breve comunicado no que afirma que “non pode estar de acordo co modelo de inmersión. Nese sentido, a Xunta considera inconveniente o sistema de inmersión en calquera lingua, considerando ademais que ese é o sentir maioritario do pobo galego”.
Coa nota, a Xunta reafírmase na súa intención de non contemplar ningún tipo de discriminación positiva a prol da lingua do país, tal e como pediu a RAG e o Consello da Cultura. De todos os xeitos, a consellaría di “agradecer” as achegas do Consello da Cultura.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto