Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Premio do xurado

Auga Fría de Mar, cinema con pegada galega triunfa en Rotterdam

O filme, rodado en Costa Rica, é coproducido entre outros pola galega Tic-Tac, que proximamente botará á luz a nova longametraxe de Jorge Coira.

Redacción - 12:15 08/02/2010

Se Costa Rica é noticia no plano internacional pola inédita chegada dunha muller ao temón político do país, a socialdemócrata Laura Chinchilla, nas páxinas de cultura escribiuse en letra ben máis pequena outro capítulo importante. Trátase do primeiro filme costarricense dirixido por unha directora: Auga Fría de Mar, longametraxe á fronte da cal estivo Paz Fábregas.

A película acaba de competir na sección oficial do Festival de Rotterdam, e alí conseguiu o máximo galardón outorgado polo xurado internacional, que valorou a "magnífica edición que constrúe un orgánico fluxo de imaxes mentres que a súa intensa dirección crea unha inquietante atmosfera e tensión". E parte dese éxito correspóndelle á empresa galega Tic-Tac, que apostou polo proxecto en coprodución entre outras coa local Temporal Films, a francesa Le Films du Requin, e a neerlandesa Isabella Films. O filme conta a historia dunha parella que pasa a noite na costa onde atopa unha rapaza que escapou da casa.

É ademais a primeira iniciativa de ficción na que participa Tic-Tac, que até o de agora se centrara documentais de xoves realizadores, afondando nas coproducións co ámbito latinoamericano. En breve, outro prometedor proxecto sairá ao seu abeiro, o novo traballo de Jorge Coira, baixo o título 18 Comidas.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: