 
 
Finalmente, a Asemblea Nacional aprobou consultar a cidadanía se quere que o país aumente as súas competencias.
 
											Plenario da Asemblea Nacional
Os membros da Asemblea Nacional de Gales aprobaron finalmente a proposta de organizar un referendo antes das vindeiras eleccións (en 2011) para que o pobo decida se quere ou non que o país asuma maiores competencias para lexislar. 
  A iniciativa, unha das cuestións claves negociadas polo Partido Laborista e o Plaid Cymru no acordo de goberno bipartito, contou cos votos a favor dos 53 deputados presentes este martes na Cámara -que conta cun total de 60. 
  
O presidente da Asemblea, Dafydd Elis Thomas, afirmou que era "un día histórico no camiño da transferencia de competencias a Gales". 
Maioría do electorado, a favor
O 'vicepresidente' do Goberno, o nacionalista Ieuan Wyn Jones, dixo que o "pobo de Gales cre que a Asemblea debe ser a que tome a maior parte das decisións que afectan as súas vidas diarias". 
  
Segundo unha recente enquisa, informan os medios locais, máis da metade dos votantes estarían a favor de ter máis competencias fronte a un 30% que estarían en contra.
Anterior:
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto