Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Presentado polo historiados Paul Preston

'Galicia: a nation of fishermen', palestra de Afonso Paz-Andrade en Londres

O ex presidente de Pescanova e responsábel do Comité Executivo da World Fishing Exhibition-Vigo 2009 acude esta cuarta feira á London School of Economics.

Redacción - 17:25 09/03/2010
Afonso Paz-Andrade

Afonso Paz-Andrade

Afonso Paz-Andrade, ex presidente de Pescanova e máximo responsábel do Comité Executivo da World Fishing Exhibition-Vigo 2009 impartirá a conferencia Galicia: a nation of Fishermen (Galiza: unha nación de pescadores) na London School of Economics, esta cuarta feira.

A conferencia, prevista para as 18.00 horas, será moderada e introducida polo historiador Paul Preston, impartirase no Centro Cañada Blanch da devandita escola londiniense, e organízase ao abeiro do acordo que mantén o Consello da Cultura Galega (CCG) coa Fundación Cañada Blanch.

"Imaxe positiva de Galiza no exterior"

O obxectivo é "difundir a cultura de Galiza nun marco universitario de excelencia, especializado na formación de científicos sociais de todo o mundo", segundo apuntan desde o CCG. Este tipo de actos e a totalidade do programa de acción exterior, afirman, pretende "contribuír a fixar unha imaxe positiva ("marca-país") de Galiza no exterior".

Outros eventos deste tipo, organizados polo CCG na London School of Economics, foron as conferencias do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo (o 15 de outubro) e o catedrático de Historia Contemporánea da USC Xosé Manuel Núñez Seixas (o 3 de decembro).


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: