Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Reforma nos departamentos

O Consorcio Audiovisual asumirá todas as competencias do sector a mediados de abril

O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, asegurou que o traspaso se fará a semana da gala dos Mestre Mateo, que terá lugar o 15 de abril en Narón.

Redacción - 18:30 26/03/2010

A Xunta amosou a súa disposición a que a mediados de abril "estea posto en marcha e funcionando" o novo Consorcio Audiovisual de Galicia, que asumirá todas as competencias audiovisuais, até agora espalladas entre varios organismos. O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, tamén anunciou que xa se lle enviou ao DOG a orde de axudas á produción cinematográfica, que se publicará nun par de semanas.

O anuncio fíxose durante a presentación dos Premios Mestre Mateo, que se entregarán o 15 de abril en Narón. Cabaleiro asegurou que o "reto" e que esa semana o Consorcio se converta no novo "órgano de encontro" do sector audiovisual.

Sobre as "primeiras medidas" que tomará, o secretario xeral mencionou a "expansión do sector" e fixo fincapé na necesidade de poñer o acento na mellora da comercialización e da promoción do audiovisual do país, na que terá un "intenso papel" a TVG, que deberá achegar o 5% do seu orzamento ao sector galego.

Así mesmo, Cabaleiro dixo que se "reactivarán" as liñas do Igape para financiar o audiovisual e que se publicarán "en dúas ou tres semanas" as axudas á produción deste ano, que até o momento foron convocadas pola Agadic.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Cabaleiro, na presentación dos premios, con Tania Rodríguez, 'Pico' e Vanessa Grela
Cabaleiro, na presentación dos premios, con Tania Rodríguez, 'Pico' e Vanessa Grela