Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LINGUA E EMPRESA

Ikea, na República Independente da túa casa non colle o galego?

A Ciberirmandade da Fala principia unha campaña de correos electrónicos para lograr que a multinacional sueca empregue o galego na súa actividade comercial.

Redacción - 11:23 29/03/2010
Tags: galego Ikea

A Ciberirmandade da Fala ten un novo obxectivo dende esta semana: Convencer á multinacional sueca Ikea de que a lingua galega ten que ter un espazo á hora de comunicarse cos clientes do noso país.

A campaña na rede pide que a empresa, que vai abrir a súa primeira instalación en Galiza, empregue o galego con normalidade na súa páxina electrónica, nas súas instalacións e na súa relación cos clientes. A apertura da tenda será unha realidade a partir do vindeiro mes de xuño.

Podes ver a campaña da Ciberirmandade aquí


4,84/5 (25 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: