Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito en Oriente Próximo

Un vídeo mostra como un helicóptero dos EUA mata 11 civís en Iraq

Pon en dúbida a versión estadounidense en relación á morte en Bagdad en 2007 dun fotógrafo de Reuters, o seu chofer e nove persoas máis.

Redacción - 11:00 06/04/2010

Un vídeo divulgado este luns pola web WikiLeaks pon en dúbida a versión estadounidense en relación á morte en Bagdad en 2007 do fotógrafo de Reuters Namir Noor-Eldeen e o seu chofer, Saeed Chmagh, abatidos xunto a outras nove persoas por un helicóptero das tropas dos EUA.

O vídeo recolle as gravacións do propio helicóptero onde se ve desde o aire a un grupo de persoas desprazándose a pé. O militar alega no documento que varias persoas deste grupo portan armas e pide permiso para disparar.

En canto o obxectivo está a tiro, as aeronaves inician unha rolda de disparos indiscriminada que conclúe coa morte de once persoas que os EUA considerou, na súa versión oficial, "terroristas", aínda que nas imaxes non se aprecia ningunha ameaza.

Así que remata o ataque, os militares gábanse do éxito da operación. "Mira eses fillos da puta mortos", di un deles. Acto seguido, o seu interlocutor felicítao pola puntería demostrada.

Reuters pediu estas imaxes ao goberno dos EUA hai xa dous anos, argumentando o seu dereito a obtelas en base á Acta de Liberdade de Información, mais nunca as obtivo.

Wikileaks non revela a súa fonte e alega que sempre verifica a autenticidade da información que recibe, algo que quedaría garantido tamén nesta ocasión. "Falamos con testemuñas e xornalistas implicados directamente neste incidente", sinalan.


4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: