Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Suráfrica

Tensión racial arredor do proceso xudicial pola morte de Terre'Blanche

Manifestacións á chegada ao xulgado dos dous acusados de asasinar o líder sudafricano de extrema dereita.

Redacción - 12:30 07/04/2010
Dous manifestantes, en Ventersdorp

Dous manifestantes, en Ventersdorp

Máis de 300 membros do AWB, a formación defensora da 'supremacía branca' e do Apartheid e partidaria de crear un país de seu, manifestáronse ás portas do xulgado en que compareceron os dous acusados de asasinar o líder sudafricano de extrema dereita Eugène Terre'Blanche.

En fronte toparon con centos de cidadáns negros que responderon as provocacións dos racistas cantando o himno nacional estabelecido en 1994, informan axencias internacionais. Os membros do AWB portaban antigas bandeiras de Suráfrica e entoaban o himno do Apartheid.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: