Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Un punto menos

A débeda a longo prazo do Estado Español tamén perde creto fronte a Standard & Poor's

A axencia de cualificación de créditos deixa a nota española en AA fronte á anterior AA+, e mantén unha perspectiva negativa.

Redacción - 18:45 28/04/2010

A axencia de cualificación de créditos Standard & Poor's rebaixou este mércores o 'rating' da débeda do Estado Español a longo prazo. O descenso da nota foi dun punto, dende o AA+ até o AA, cunha perspectiva 'negativa', o que deixa aberta a posibilidade de diminuír aínda máis a cualificación a medio prazo. Exactamente a mesma cualificación foi a que recibiu a emisión de débeda de tres mil millóns de euros do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria.

A vicepresidenta primeira do goberno español, María Teresa Fernández de la Vega, quíxolles enviar unha mensaxe de "confianza" á cidadanía e de "tranquilidade" aos mercados e asegurou que o executivo está a facer "ben" os deberes e actuando "con rigor".

S&P xa reducira o martes a cualificación da débeda de Grecia, até a categoría de 'bonos lixo', e de Portugal, en dous chanzos. Nos dous casos, a perspectiva amosábase 'negativa'.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: