Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ANTES DE QUE REMATE 2011

O goberno español anuncia outro recorte de gasto público de 15 mil millóns

Rodríguez Zapatero explicará o mércores no Congreso cales serán as liñas de actuación.

Redacción - 09:30 10/05/2010

O executivo español anuncia que apertará un pouco máis o cinto de aquí a finais de 2011. A ministra de Economía, Elena Salgado, subliñou que o Estado Español se comprometeu esta fin de semana coa UE a recortar 5 mil millóns de euros máis o gasto público este ano e outros 10 mil para o vindeiro.

Aínda que algúns medios sinalan que o recorte vaise centrar fundamentalmente en investimentos (concretamente obra pública), a propia ministra non quixo confirmar isto e sinalou que será Rodríguez Zapatero o que anuncie o mércores no Congreso as medidas concretas.


1/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: