Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ANUNCIO DOS SINDICATOS ESPAÑOIS

Folga xeral no sector público o vindeiro 2 de xuño

Os sindicatos convocan mobilizacións contra o recorte do 5% no salario dos funcionarios, que culminarán cunha folga a comezos do mes que vén.

Redacción - 17:30 13/05/2010
Tags: CCOO CIG folga UXT


Os sindicatos estatais xa anunciaron que iniciarán un calendario de mobilizacións contra o recorte dos salarios dos funcionarios. Os secretarios xerais de Comisións Obreiras (CCOO) e UXT, Ignacio Fernández Toxo e Cándido Méndez, saíron da xuntanza celebrada con Rodríguez Zapatero confirmando que seguen adiante coas protestas contra o que consideraron “unha agresión sen precedentes” contra os traballadores públicos.

Estas manifestacións, que se iniciarán o vindeiro xoves 20 de maio, culminarán nun paro xeral do sector público o mércores 2 de xuño, até o de agora convocado por UXT, mais que se agarda que sexa referendado por CCOO. En rolda de prensa, ambos os dous líderes aseguraron que “se produciu un cambio no escenario de relacións co goberno español” que require “unha resposta sindical”.

Pola súa parte, a CIG xa manifestou tamén o seu “máis contundente rexeitamento ás regresivas medidas que vén de propor o goberno español” e denunciou “a pretensión do executivo de facer que sexa a clase traballadora quen pague a crise”. A federación da área pública da CIG (Administración, Sanidade e Ensino), diante destas medidas, xa fixo un chamamento aos empregados públicos á mobilización e non desbotan ningún tipo de medida, incluída a convocatoria de folga.


3,67/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: