Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Reacción ao ditame do Consello Consultivo

A Mesa pide a retirada do 'decretazo' e a dimisión de Xesús Vázquez

O presidente da entidade, Carlos Callón, considera que non se debe "profundar nunha fenda social gravísima", á vista dos informes desfavorábeis.

Redacción - 18:00 13/05/2010

A Mesa pola Normalización Lingüística afirmou que "o PP segue na soidade máis absoluta na súa defensa do decretazo contra o galego", despois de que os medios de comunicación publicasen os contidos do relatorio do Consello Consultivo sobre o texto. Para o presidente da Mesa, Carlos Callón, o ditame "é un correctivo durísimo ás ilegalidades contra o galego por parte do presidente da Xunta", despois dun decreto que supuxo "a maior agresión contra a lingua en toda a historia da Autonomía".

Callón pediulle ao Goberno "a retirada do decretazo e a dimisión ou cesamento do conselleiro de Educación, para recuperar o camiño do consenso". Lembrou que o "decretazo" xa recibiu os ditames negativos da Academia Galega, do Consello da Cultura, do Consello Escolar de Galiza e agora do Consello Consultivo e que levalo adiante suporía "profundar nunha fenda social gravísima, con consecuencias nefastas para a convivencia e para o futuro da cultura galega".

Chamamento á manifestación
Por outra banda, a Mesa fixo un chamamento á participación na manifestación do 17 de maio. A entidade, que impulsou hai un ano a creación da plataforma Queremos Galego, animou o conxunto da sociedade a que "exprese na rúa o rexeitamento a este despropósito educativo".


5/5 (19 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: