Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NEGOCIACIÓNS DE ÚLTIMA HORA

Aumenta a tensión en Compostela pola folga na recollida do lixo

O Concello anuncia que traerá a empresa Tragsa para retirar o refugallo e os sindicatos denuncian despedimentos para rebentar o paro.

Redacción - 11:50 21/05/2010

A empresa pública Tragsa ten previsto desembarcar esta fin de semana en Compostela para recoller boa parte do lixo que se amorea nas rúas dende a semana pasada por mor da folga dos operarios de limpeza. O Concello de Santiago decidiu tomar esta medida alegando problemas de saúde pública. A decisión provocou un fondo malestar entre os traballadores que consideran que a administración intenta rebentar o seu dereito á folga.

Mentres, este mesmo venres pola mañá, representantes sindicais e da empresa concesionaria do servizo (Urbaser) volven reunirse para intentar lograr unha solución ao conflito. O desenlace semella máis complicado logo de que Urbaser despedise este xoves tres traballadores. Un deles foi identificado hai día cunha lata de gasolina (os sindicatos aseguran que o operario non ten nada que ver coa queima de contedores) e dous por un suposto “baixo rendemento” nos servizos mínimos establecidos. O comité de empresa, no que está presente CC.OO, CIG e CUT, denuncia que os despedimentos son métodos de presión para combater a folga e exixen a readmisión inmediata dos traballadores.

De non haber acordo este mesmo venres, o conflito por agravarse xa que os 140 traballadores, que secudan unanimemente a folga, advirten que non van quedar de brazos cruzados se unha empresa allea vén retirar de “xeito ilegal” o lixo esta fin de semana.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: