Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ocupación estadounidense

O 'NYT' desvela o descubrimento dun gran depósito mineral en Afganistán

Segundo altos funcionarios da Casa Branca, é importante de abondo como para alterar a economía afgá e o curso da guerra.

Redacción - 12:45 14/06/2010
Gráfico: 'New York Times' (ampliar)

Gráfico: 'New York Times' (ampliar)

Xeólogos estadounidenses descubriron un inmenso depósito mineral que podería cambiar o curso da guerra de Afganistán. Segundo altos funcionarios do Goberno dos EUA, é importante de abondo como para alterar a economía afgá e a guerra que comezou hai case unha década.

Na información publicada este domingo por The New York Times afírmase que o depósito inclúe vastas vetas de ferro, ouro, cobre, cobalto e fundamentalmente litio. Minerais esenciais para a industria moderna, que poderían facer de Afganistán un país clave a nivel económico e mundial.

Un memorando interno do Pentágono, por exemplo, di que Afganistán se podería converter na "Arabia Saudita do litio", materia prima básica na fabricación de baterías para computadores portátiles e Blackberries.

Malia que se podería tardar anos en desenvolver unha industria mineira, o potencial é tan grande que os funcionarios e executivos do sector cren que podería atraer grandes investimentos, ofrecendo a posibilidade de postos de traballo e desviar así a atención da guerra.

Porén, desde a Casa Branca temen que o descubrimento se poida converter nunha arma de dobre fío, xa que en lugar de traer paz e estabilidade, podería levar os talibán a loitaren máis ferozmente polo rico territorio. Mais non só, tamén oligarcas vinculados ao presidente Hamir Karzai, que continúa a ser acusado de corrupción.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: