Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CARTA ABERTA

Otegi considera que é posibel avanzar cara a independencia por “vías políticas e democráticas”

A cara máis recoñecíbel da esquerda abertzale insiste na necesidade de abrir novos camiños na loita pola soberanía.

Redacción - 12:05 12/07/2010

'Uste sendoa eta konpromisoa' (Unha convición, un compromiso) así se titula a última carta aberta do líder da esquerda independentista vasca Arnaldo Otegi. O xornal Gara publica o texto do político, que permanece na cadea dende hai algo máis de nove meses.

Na súa exposición segue a apostar pola vía política para conseguir o dereito á autodeterminación. Logo de analizar o momento político actual, no que non faltan referencias á crise aberta pola sentenza do Tribunal Constitucional ao respecto do Estatut de Catalunya, Otegi subliña que se pode avanzar na soberanía nacional por “vías exclusivamente políticas e democráticas”.

Canda carismáticos líderes como Díez Usabiaga, Otegi aposta de portas para adentro no punto en final de ETA. Esta corrente da esquerda independentista considera que a violencia está a ser un lastre para o movemento soberanista, algo que está a provocar dende hai meses un forte debate interno.


5/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: