 
 
A Xunta retoma a política da época Fraga deixando todo o peso das políticas nos Centros de Información á Muller, controlados polos gobernos locais.
Durante o goberno bipartito puxéronse en marcha oficinas comarcais de Igualdade. Coa chegada do PPdeG á Xunta, e logo de crear unha forte polémica cos procesos de selección do persoal, decidiuse suprimir estas oficinas a finais do ano pasado e despedir a 61 traballadoras que aprobaran as probas de acesso.
Agora a Secretaría Xeral de Igualdade deixa claro que a súa prioridade vai seguir sendo a subvención directa a concellos que teñan Centros de Información á Muller (CIM), tal e como esixían moitos alcaldes que controlan a contratación e funcionamento destes servizos e que estaban molestos coa comarcalización emprendida polo anterior goberno. 
Mentres, nos tribunais segue a batalla das ex traballadoras das oficinas comarcais. Até o de agora, varios xulgados declararon improcedentes os despidos e, incluso, nun caso o maxistrado considerou nula a extinción de contrato. Á vez, mantense unha denuncia por difamación contra a secretaria xeral Susana López Abella que lle chamou “enchufados” aos despedidos no Parlamento (aínda que logo rectificou).
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto