No Ano Mundial das Matemáticas a Universidade de Santiago vén de publicar o Vocabulario de Matemáticas (galego-español-inglés-portugués), coordinado por Xosé M. Masa Vázquez. Está elaborado por un amplo equipo de profesores da facultade de Matemáticas co apoio lingüístico do Servicio de Normalización e contén máis de 3.000 entradas. Nestoutra web da Universidade da Coruña poden atopar información sobre as actividades que o Comité Galego do Ano Mundial das Matemáticas vai realizar neste ano.
.