Vieiros

Vieiros de meu Perfil


O Ministerio de Industria manda censurar á avoa blogueira (entroutros)

Os usuarios da RECETGA, un servizo do CESGA que dá acceso a internet aos sete campus universitarios galegos e aos centros tecnolóxicos dependentes da Xunta, víronse sorprendidos esta mañá por un aviso remitido polos administradores da rede dando conta dun requerimento da autoridade administrativa estatal para o feche do acceso a un feixe de páxinas ultradereitistas onde se atacan a produtos e empresas de orixe catalana, ao Goberno, e aos nacionalismos en xeral.

Enviada por xoanp xoanp o 29/11/2007 22:45

Como queira que entre o listado de páxinas atópanse varias aloxadas nos servidores de Blogger, e ante a imposibilidade técnica por parte do persoal do CESGA de cumplir o requerimento da autoridade administrativa (non xudicial) de vedar o acceso a nivel de url, adoitaron a solución salomónica de cortar o acceso a nivel de enderezo IP.

Como resultado deste feito, ademáis de impedir o acceso aos blogues ultradereitistas Boicot Ya (http://www.boicot-ya.blogspot.com/) ou Hastaloshuevos (http://hastaloshuevos-com.blogspot.com/), de rebote tamén impiden á comunidade universitaria o acceso a outros espazos de interese social ou de investigación aloxados en Blogger, e mesmo a espazos tan "perigosos" como o da avoa blogueira (http://amis95.blogspot.com/) ou tan "recomendábeis" como o do Secretario de Organización do PSOE (http://elcuadernodepepeblanco.blogspot.com/).

A medida da autoridade administrativa ampárase na coñecida Lei de Servizos da Sociedade da Información (LSSI), aprobada no seu momento polo goberno do PP, e aplicada polo que se ve sen miramentos baixo o actual mandato socialista.

Con exemplos como este queda demostrado que é posíbel recortar dereitos fundamentais dos cidadáns, como os de liberdade de expresión e acceso á información, mediante a utilización de mecanismos administrativos que sortean o sistema de garantías xurídicas propias dun Estado de Dereito.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O Ministerio de Industria manda censurar á avoa blogueira (entroutros)