Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Carta dunha estudante ao conselleiro de Educación

Achegámoslles unha carta enviada desde un colexio de Nigrán.

Enviada por redaccion redaccion o 23/06/2009 11:22

                                Sr. Conselleiro de Educación

Son unha alumna de 1º de Bacharelato do IEs Escolas Proval que quere manifestar o seu dereito a expresarse e a dicirlle algunas cousas:

1.- Que lle escribo no meu nome, sen estar influenciada nin polos meus profresores, nin amigos, nin familiares.

2.- Que aínda que escribo en galego, a miña vida normal desenvólvese en castelán, a lingua na que me educaron, aínda que meus pais entre eles ás veces falan en castelán e ás veces en galego.

3.- Que todo isto das enquisas paréceme  un disparate sen ningún sentido. Ao único que nos vai levar é a un enfrontamento orixinado pola obriga a ter que posicionarnos nunha das dúas opcións, é como se a un neno o obrigasen a elixir entre a súa nai e o seu pai e respondese que os quere por igual. O mesmo pasa coas linguas de Galicia, se somos bilingües, as dúas teñen que ter as mesmas oportunidades e falarse nos mesmos sitios.

4.- Ademais quero dicirlle que na escola é hoxe en día case o único lugar, polo menos eu así o vexo, onde moitos rapaces, a gran maioría,  teñen contacto co galego. Se vostede vai ao Centro Comercial da Ramallosa, ao cine, á discoteca…  case toda a vida social dos adolescentes se desenvolve practicamente en castelán. Estamos en Nigrán, como podíamos estar en Ciudad Real ou en Cáceres, soamente na escola sabemos que estamos nun instituto de  Galicia, onde nos sentimos galegos, onde  podemos falar  sen prexuízos, onde non parece que falemos   nunha lingua infravalorada, e créame señor Conselleiro, iso  soamente se consegue, como dicía castelao, por obra e gracia do idioma.

                                Miriam Veiro
                         1º Bacharelato Humanidades. IES ESCOLAS PROVAL
                                   NIGRÁN
                                   


4,96/5 (57 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: