Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: conferencias

27/Marzo/2010 /

A AGLP "abre as portas" da cultura galega no Brasil

Concha Rousia e Isabel Rei participan na Conferéncia Internacional sobre o futuro da língua portuguesa e na inauguración do Instituto Cultural Brasil-Galiza, entre moitos outros actos.


2/Xullo/2008 /

Conferencias no Camiño de Santiago, de Barcelona a Fisterra

O Centro Galego enceta a programación de xullo colaborando no proxecto "Aulas no Camiño" cunha conferencia de Xosé Leira López.


2/Abril/2008 /

De meigas e personaxes do submundo

Ciclo de conferencias coordinadas por Basilio Losada para a Fundació “La Caixa”.


22/Outubro/2007 /

Cine, debate e conferencia de Carlos Taibo contra a pobreza

O Simposio Internacional Pobre Mundo Rico trae á Sala de Conferencias do Centro Social Caixanova de Pontevedra dúas proxeccións, un debate e unha conferencia de Carlos Taibo contra a desigualdade do mundo.


15/Outubro/2007 /

O cinema crítico e as consecuencias do neoliberalismo centran a terceira xornada de Pobre Mundo Rico en Vigo

O secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, falará sobre o capitalismo na era global despois dunha mesa entre Margarita Ledo, Carlos Estévez e Manuel García Serrano.


2/Outubro/2007 /

Comeza o maior simposio internacional sobre pobreza e desigualdade

Organizado polo Club Internacional de Prensa, bota a andar este 2 de outubro nas sete cidades galegas, e durará até o 31 de outubro.


10/Xullo/2007 /

Un pouco máis preto de Latinoamérica

Hai un océano entrambas, pero Latinoamérica e Galiza non están tan afastadas. Para demostralo, chegan as XV Xornadas Mar por medio.


21/Xuño/2007 /

"Estimúlasenos para gozarmos da violencia"

Era unha das visitas máis agardadas do ano: o cineasta estivo este mércores 20 no Auditorio de Galicia para falar sobre cinema e compromiso social. Aquí podemos ver parte da súa intervención:


Ken Loach / Foto: Wikimedia Commons
18/Abril/2007 /

Nina Pacari, Ken Loach ou James Petras nun ciclo en Compostela

O foro 'Conversacións con' trae conferencias do cineasta Ken Loach, o sociólogo James Petras ou a representante dos pobos indíxenas na ONU, Nina Pacari.


31/Marzo/2007 /

Quedamos na internet futura

"En internet até hai pouco era máis doado atopar a información cultural de Sidney que do que se fai a pé da nosa casa". Daniel Bañobre, de Compostela Wireless, explicou o proxecto no que traballa este colectivo santiagués. A curto prazo, propóñense a posibilidade de despregar unha ambiciosa rede cidadá, un exemplo do que poden ser "micronodos dunha internet futura, máis racional en recursos e infraestrutura e máis doada de xestionar". A oportunidade para que realmente "nesta sociedade global internet nos permita coñecer os veciños". Máis información na web de Compostela Wireless.


31/Marzo/2007 /

Porno Gratis

É a internet do futuro, a que constrúen os usuarios por si mesmos, tomando a iniciativa, facendo do cibermundo o que queren que sexa. Son as redes sociais, as que poñen en contacto os cidadáns e facilitan innovadores proxectos colaborativos, relanzando o atractivo de internet, e ademais... "hai moito porno gratis". Explicouno na mañá deste sábado Berto Yáñez, xestor de Chuza.org.


30/Marzo/2007 /

Entre lecer e xogueta: absorber coñecemento

Afondamos na Iniciativa Galega polo Software Libre, Mancomun.org; “Alta definición 10980 líneas”, por Carles Agea; “O desenvolvemento de xogos con Direct/Xna”, por Miguel Ángel Ramos Barroso, de Microsoft Ibérica; a última novidade de BluSens, presentada polo seu director de marketing, Miguel Churruca; “Emprego nas TIC. O modelo Coremain”, a cargo de Ana Álvarez Ramos Barroso, na foto de arriba.


30/Marzo/2007 /

A primeira gran ovación: para o Mago Teto

Chegou, viu, falou e triunfou. Exitoso mestre de cerimonias hai un ano, velaí un artista da maxia e a animación de xentes con gañas de festa. O Mago Teto abriu fogo e preparou o ambiente para a conferencia de presentación de XuventudeGalizaNet. Brincadeiras, trucos e retruques en complicidade cun público entregado e durante toda a fin de semana. Bateron forte as palmas os asistentes desde que o Mago Teto entrou pola porta.


30/Marzo/2007 /

"Esta conferencia é en galego"

"En galego, por que non!". Xa foi lema da anterior edición de XuventudeGalizaNet e está subliñado outra vez en 2007. Aquí vemos aos máis rápidos en montar os equipos de volta e preparados xa para a conferencia de apertura da ciberfesta.