As fillas de Consuelo  González manteñen a esperanza no éxito da Operación Emmanuel, cuxo  obxectivo é o rescate da ex senadora, así como da ex candidata á vicepresidencia  de Colombia Clara Rojas e o seu fillo, Enmanuel, que bautizou a entrega humanitaria por parte das Fuerzas Armadas Revolucionarias de Colombia- Ejército del Pueblo (Farc-Ep).
Despois que o presidente de Colombia, Álvaro Uribe  Vélez, sinalase que posibelmente as Farc-Ep non teñen ao fillo de Clara Rojas, Emmanuel, e que por iso non  entregaran aos tres retidos que prometeran, testemuños de ex reféns deste grupo  armado poñen en dúbida as súas afirmacións.