Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: ige

19/Maio/2010 /

Galiza sae da recesión

Ao finalizar marzo, a economía rexistrou un crecemento intertrimestral do 0,2%. Porén, en termos interanuais o Produto Interior Bruto caeu un 1,7%.


18/Abril/2010 /

O castelán é o idioma hexemónico nas principais cidades costeiras do país

Compostela e Ourense son os únicos dous grandes municipios do país onde as familias que se declaran só galegofalantes superán ás que usan só a lingua allea.


17/Febreiro/2010 /

A economía contraeuse dúas décimas no cuarto trimestre de 2009

En decembro, a taxa interanual do PIB amosaba un descenso de 3,1 puntos, mentres que a recesión anual foi do tres por cento.


27/Xaneiro/2010 /

Unha 'navallada dixital' parte Galiza

O estudo do IGE amosa as desigualdades que seguen a existir no acceso á internet segundo as zonas. Case a metade dos galegos nunca usaron un computador.


30/Novembro/2009 /

Sete de cada dez mozos viven cos pais

Os menores de 30 anos só constitúen o 3,4% dos fogares galegos e Lugo sería a provincia con máis mocidade emancipada.


7/Outubro/2009 /

A confianza do consumidor chega ao outono en ascenso

No terceiro trimestre do ano, os galegos melloramos a nosas expectativas con relación ao mercado, se ben os valores estatísticos se manteñen en negativo.


20/Maio/2009 /

A economía galega cae un 2,1%

É a primeira vez que se rexistra unha redución no PIB que, con todo, é 0,9 puntos menor que o retroceso da economía española.


30/Abril/2009 /

O último ano pechou coa metade de licenzas municipais para vivenda

Foron en total 23.512 autorizacións para vivendas de nova planta en 2008, un 28,5% por baixo do anterior exercicio.


Só un de cada cinco habitantes do país usa o transporte público
22/Abril/2009 /

Só un de cada cinco habitantes do país usa o transporte público

Case a metade dos que o usan recoñecen que o fan porque carecen de vehículo propio. Un 21,1% vai a pé, en bici ou non se despraza.


3/Marzo/2009 /

A economía galega, a piques de entrar en recesión

O Produto Interior Bruto xerado por Galiza no cuarto trimestre experimentou un retroceso do 0,2% con respecto ao trimestre anterior.


15/Setembro/2008 /

A economía do país medra un 2,4%, seis décimas máis que a española

O PIB xerado en Galiza no segundo trimestre do ano reflicte máis contribución do sector exterior, das administracións e un aumento do consumo dos fogares.



19/Maio/2008 /

O PIB mantén o crecemento cinco décimas por riba da media estatal

O Instituto Galego de Estatística avanzou que o Produto Interior Bruto xerado pola economía galega medrou un 3,2% entre xaneiro e abril.


Muller usando un ordenador portátil
30/Abril/2008 /

As mulleres lideran o uso de novas tecnoloxías entre a poboación menor de 40 anos

O estudo do Instituto Galego de Estatística segue a amosar unha fenda dixital entre mocidade e xente maior e entre a Galiza occidental e a oriental.


20/Novembro/2007 /

O PIB medra catro decimas por riba da media do Estado

O Produto Interior Bruto galego aumentou un 4,2%, namentres ca o español o fixo un 3,8% e o europeo, un 2,9%, segundo o publica este martes o IGE.


8/Novembro/2007 /

A cidadanía prefire as verbenas á ópera

A enquisa do IGE desvela os costumes culturais da poboación e o feito de que os fillos adquiren as preferencias dos pais.


21/Xullo/2007 /

Nace o Observatorio Cultural de Galicia

Este organismo abordará a necesidade dun sistema de análise e avaliación rigoroso, independente e continuado para a cultura galega.