Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: protesta

'Quéixate a Javier!'
1/Xullo/2010 /

'Quéixate a Javier!'

A plataforma 'Galicia, Mellor Sen Touradas' convida a protestar nas redes sociais contra a feira taurina coruñesa.


O ex ministro israelí Shlomo Ben-Ami
28/Xuño/2010 /

A Fiscalía solicita prisión para dous manifestantes antisionistas

Acúsanos dun suposto delito de "resistencia" durante a visita do ex ministro israelí Shlomo Ben-Ami á capital galega en novembro de 2006.


17/Xuño/2010 /

A CIG chama a protestar contra a reforma laboral

A central nacionalista anima a todos os traballadores a rexeitar as medidas anti-crise defendidas polo goberno español e demanda a convocatoria dunha folga xeral.


12/Xuño/2010 /

Fóra a roupa e arriba as bicis!

Unhas 30 persoas percorreron espidas e en bicicleta varias rúas da Coruña para propoñer un modelo de cidade onde as persoas recuperen o seu espazo.


13/Maio/2010 /

Twitter protesta contra a 'tesoirada'

A rede social de mensaxes curtas está a protagonizar a oposición dixital aos recortes anunciados polo goberno español.


24/Abril/2010 /

Os ecoloxistas 'pechan' a térmica de Meirama

Representantes de diferentes colectivos participaron en Cerceda nunha xornada contra a mudanza climática.


A entrada de antidisturbios en Historia provoca unha queixa formal da USC
24/Marzo/2010 /

A entrada de antidisturbios en Historia provoca unha queixa formal da USC

O decano Xoán Manuel Monterroso prefire deixar a intervención non autorizada nun "exceso de celo", mais ampara o alumnado que foi identificado.


29/Decembro/2009 /

Traballadores de Montoto ocupan catro bancos para exixir o plan de viabilidade

Os operarios acusan as entidades e a Xunta de deixar afundir unha empresa con futuro. Se a liquidez non chega, 243 persoas perderán o emprego esta semana.


12/Novembro/2009 /

Protestas en México coa vista posta no paro nacional

O que se iniciou como unha protesta do sector electricista, exixe agora un novo pacto social que "recupere o poder dende o pobo".


Paro da flota de baixura na ría de Vigo contra o porto de Massó
11/Setembro/2009 /

Paro da flota de baixura na ría de Vigo contra o porto de Massó

Convócao a Confraría de Pescadores de Cangas e secúndao en terra o Foro Social. Rosa Quintana, conselleira de Pesca, pide "que se rebaixe a tensión".


Un milleiro de gandeiros maniféstanse ante a Eurocámara
14/Xullo/2009 /

Un milleiro de gandeiros maniféstanse ante a Eurocámara

Na concentración participaron produtores procedentes de diversos países europeos, entre estes Galiza.


Protesta dos gandeiros ante o Parlamento Europeo
14/Xullo/2009 /

Protesta dos gandeiros ante o Parlamento Europeo

Convocados pola European Milk Board e a Coordinadora Europea Vía Campesiña, onde está integrado o Sindicato Labrego.


29/Xuño/2009 /

Invisibles

Eran os que non están, as que non se ven, os que non figuran.
 
Eran centos,  orgullosos e festeiras, no lombos dos lamborghini, e dos John Deere, eles e elas, que están ausentes dos telefilmes, das pasarelas da estupidez, do escaparate da abundancia, da prensa rosa, azul e señorita, de todas as festas de todos os Berlusconis. 


Louzán
22/Xuño/2009 /

A posíbel privatización do servizo de obras mobiliza os traballadores da Deputación de Pontevedra

Traballadores do servizo de vías e obras saen á rúa o venres para defender os seus empregos logo das declaracións do presidente da institución a prol da privatización.


18/Xuño/2009 /

Os traballadores de Fenosa temen polo seu futuro

O cadro de 87 empregados da central térmica de Sabón están en alerta logo de que Gas Natural puxese á venda a planta.


18/Xuño/2009 /

A Xunta entra a mediar de cheo no conflito de Caramelo, convocando a empresa e traballadores

Foi a propia Consellaría de Economía e Industria, que dirixe Javier Guerra, a que chamou as partes a negociar sobre o ERE presentado pola compañía para 237 empregados.


11/Xuño/2009 /

As traballadoras de Caramelo guindan roupa polas fiestras, en protesta pola continuidade do ERE

De mañá a dirección da empresa abandonou a mesa de negociación, deixando só o Comité, e manténdose firme na súa decisión de despedir 237 persoas.


28/Maio/2009 /

Smara, a voz que se levanta no medio do deserto

Activistas saharuis abandonan un peche de protesta na sede da ONU en Smara. Cascos azuis escoltáronos e comprometéronse a vixiar que Marrocos non tome represalias.


27/Maio/2009 /

A oposición planta o Goberno en protesta polo nomeamento do director da CRTVG

Abandonou a comisión parlamentaria. O BNG asegura que o PPdeG ten “présa” por “controlar” os medios canto antes por mor das eleccións europeas.


Unhas 225 mariscadoras maniféstanse nas rúas de Rianxo contra os "abusos" e "incumprimentos" da confraría
19/Abril/2009 /

Unhas 225 mariscadoras maniféstanse nas rúas de Rianxo contra os "abusos" e "incumprimentos" da confraría

Ofrecen unha tregua nas mobilizacións até manter unha xuntanza coa responsábel de pesca, a designada este domingo conselleira do Mar, Rosa Quintana.