Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Columnas

Celso Álvarez Cáccamo

Estávamos aí

Na comodidade da minha sala de estar, recebido polo sol intermitente, escuto e vejo à vontade comoventes fragmentos da gravação da homenagem a José Afonso que emitiu a TVG em 25 de Abril. Numa altura, o actor-apresentador Carlos Blanco, revestido das roupas e emblemas que há mais de trinta anos levá...


Xurxo Martínez González

25 de abril: Día da Rebeldía Nacional

(0) Rebeldes. Así foron os irmandiños que abouraron todo o territorio galego. “Hai que romper, romper, romper”, berraba esperanzado o Avilés de Taramancos nun fermoso poema adicado á primeira revolución, a do Roi Xordo no 1431. E agora seguimos nas mesmas: hai que romper, romper, romper. Romper co...


Xulio Ríos

¿Unha vía chinesa para Cuba?

(0) Dende que Fidel foi operado o 27 de xullo pasado e que Raúl asumiu o máximo liderado en Cuba, proliferan os debates a propósito das vías de renovación do modelo cubano. Poucos defenden a idea de que todo siga igual e moitos converxen na necesidade de reflexionar a fondo sobre a importancia de...


Uxío-Breogán Diéguez

Lingua, lingua que nos marchas

(6) Hai uns días aproveitei para xantar nunha faculdade que foi, xunto aquela na que estudei, epicentro compostelán do nacionalismo xuvenil no ensino superior e símbolo da loita pola defensa do noso idioma. Faculdade esta onde as linguas son obxecto de análise e estudo e onde coñecín, anos atrás, a...


Toño González Abal

Voto emigrante, non!

(17) Querido irmán Manuel:


Xosé Vázquez Pintor

Matria, Lingua e Poesía

(0) O sábado, vinteún de abril 2007, o Premio Esquío, coa presentación do libro “Poesía viva, pura poesía”(antoloxía:1981-2006) e a Festa dos seus 25 anos (máis un),  honra unha arquitectura de Feira Antiga, xa Patrimonio, na vila pontevedresa de Agolada. Pode ser un día distinto para moita xente do...


Roberto Mansilla

A senda de Correa

(0) Un 81,5% dos ecuatorianos votaron a favor da opción constituínte defendida polo seu presidente Rafael Correa. Este contundente triunfo presidencial ven lexitimado por unha baixa abstención, cifrada nun 28%.


Xabier Pérez Igrexas

Diáspora, eleccións e hixiene democrática

(4) A pouco máis dun mes da celebración dos comicios municipais, o debate arredor do voto da emigración galega acrecentase en intensidade e mesmo en profundidade. Non é casual, xa que estamos a falar dun voto, o da diáspora, con peso específico no cenario político e electoral do país, con máis de 300...


Manuel Mera

Solidariedade Galega, o pulo organizativo no agro galego

(0) No ano 1907, fai agora cen anos, nace Solidaridad Gallega (SG), sen dúbida respondendo á realidade social e política do momento, onde as organizacións obreiristas, por unha banda, e aquelas sustentadoras do réxime, pola outra, deixaban á marxe e desatendidas as inquedanzas dunha parte importante da...


Xoán Hermida

Irmáns si, padriños non

(2) Lamentablemente, a corrupción non é patrimonio de ninguén. Calquera institución pública ou empresa privada pode, nun momento determinado, ser presa das apetencias insaciables dos seus directivos ou dirixentes. Agora ben, sendo isto verdade, cometeriamos un grande erro de pensarmos que este feito...