Ista é a pregunta que se están facendo estos días milleiros de galegos, españois e europeos. Ista e a pregunta que estamos respondendo, día tras día, os empregados de bancos e caixas de aforros.
¿Cal é a resposta? ¿sábeo alguén a ciencia certa?
Desde o día en que Pedro Solbes afirmou categóricamente que os aforros dos españois non corrían perigo, o país botouse a tremer. É tal o descrédito dos membros do governo que unha declaración destinada a tranquilizar o único que conseguiu foi crear intranquilidade.
Teño que recoñecer que non escoitei da boca de Solbes as devanditas declaracións. Simplemente leinas na prensa escrita, que as transcribiu entendo que máis ou menos literalmente nalgúns casos, e como un chiste a medias nos máis.
Compre eiquí lembrar o papel da prensa en dúas crises sanitarias que se produciron nos últimos anos,cales son a das “vacas tolas” e a “gripe aviaria”.
Ninguén dubida que a das vacas tolas marcou un antes e un despois e supuxo un cambio na alimentación do gando e no tratamento dos residuos animais (medidas que neste último aspecto amosanse agora esaxeradas), pero non significaron ningún cambio nos nosos hábitos alimentarios.
Con excepción dos meses posteriores a que se demostrase o nexo entre a enfermidade de Creutfeld-Jakob e a alimentación do gando, o consumo de carne de vacún sigue sendo o mesmo.
Visto ca perspectiva que nos dan os anos pasados, a crise das vacas tolas amosase máis como unha esaxeración da prensa que como unha crise real.
Non digamos xa da gripe aviaria: Despois dun machacante boom mediático nin chegamos a vela.
Non quero decir con todo isto que eu poña a man no lume polo que di Pedro Solbes nin ningún outro membro deste governo que tan acostumados nos ten ó eufemismo, por non decir á mentira mesma. Pero si que me consta que a Inspección do Banco de España leva anos sometendo á banca española a unha ferrea disciplina contable e de dotacións e provisións. O que non quere decir que bancos e caixas non cometeran excesos durante estos anos de alegría, pero nada do outro mundo. Estamos asistindo a unha subida da morosidade que nin de coña se aproxima os niveis de hai 17 anos, cando eu empecei a traballar no sector.
Parece que criticar á banca e progresista, pero incluso o máis progre ou antiglobalización sabe que o modo de vida que coñecemos sería imposible sen a banca. Aparte de canalizar os fondos de quen os ten en exceso a quen os necesita sen que ambos se coñezan, unha das súas funcións máis importantes e transformar os prazos: isto é tomar diñeiro a corto prazo e prestalo a largo. E isto é precisamente o que a fai vulnerable: Calquer impositor pode reclamar o importe da súa imposición nun prazo razoablemente corto, mentres que a banca non pode reclamar o prestado a prazos longuísimos. En circunstancias normais non pasa nada, pero se se producira un momento de pánico e se formaran colas ante as oficinas para retirar os aforros, ningún banco podería facerlles frente por solvente que fose. A banca española, en xeral parece qué é solvente e que ten suficiente liquidez, pero podería deixar de tela ante un pánico xeneralizado.
Quedamos en que as declaracións de Pedro Solbes,en serio ou en chiste, causaron intranquilidade, e a prensa empezou a informarse ata que punto estaban garantidos os nosos depósitos. En dous días os titulares de todos os xornáis eran que “o Fondo de Garantía de Depósitos” so garante ata 20.000 euros (sen siquera informar,na meirande parte dos casos, que é por persoa e por entidade).
Aparte recollían, bastante desafortunadamente ó meu entender, novas declaracións de Solbes e o presidente da CECA, Juan Ramón Quintás, acerca da non conveniencia de aumentar os 20.000 euros da garantía.
O que querían decir Solbes e Quintás é que, en teoría, o sistema español é millor que o da meirande parte de paises europeos, porque é un sistema ex -ante (os fondos xa están dotados durante moitos anos por bancos e caixas), e que intervén a entidade antes de deixala quebrar, como foi o caso de Banesto non hai tantos anos.
Unha cousa é o que queren decir,outra o que transmite a prensa,e outra moi distinta o que pensa a xente. Algún xa non dorme poñéndose no peor.
Hai unhos días que boto de menos un xesto como o dos governos irlandés e grego, garantindo por dous anos a totalidade dos depósitos. Pareceronme unha salvaxada as declaracións de Merkel ata que a historia (só dous días) a puxo no seu lugar.
Hoxe mesmo (6 – 10) acabo de ler un excelente artículo de Manuel Conthe en Expansión, onde remarca non so a conveniencia, senón a inevitabilidade de que se garanticen os depósitos ó 100%. ¿A que están esperando entón? ¿A que cunda o pánico? ¿A que os aforradores morran de infarto, ou de imsonnio?
Garantir totalmente os depósitos é imprescindible, porque é imprescindible tranquilizar á xenté. Non valen declaracións como as de ista tarde despois da reunión cos banqueiros. A garantía ten que ser total para tranquilizar totalemente á xente, por iso case é mellor que ista veña de Europa, porque se ven do governo español igual non é creible. Pásalle agora ó governo como na fábula do lobo e o galo.
Se partimos da base que o sistema financeiroen xeral non pode quebrar, porque entonces quebraría a sociedade e o noso modo de vida tale como o coñecemos; no caso de fora necesario rescatar algún banco o governo tería que facelo, como o están facendo por Europa adiante con cargo ós fondos públicos, porque do contrario podería producirse un efecto dominó de consecuencias impredecibles.
Se, polo contrario,o governo (ou a Unión Europea) se compromete a garantir os depósitos a xente tranquilizarase e non acudirá a retirar depósitos, o que garantirá que bancos e caixas solventes non terán porque ter problemas, e se algún os ten acudiría ó séu rescate o Fondo de Garantía de Depósitos, sen costar un euro ó contribuinte.
Non valen eiquí as teorías económicas de quen colocou os seus aforros nun banco que non funcionaba ben deba perdelos e espabilar para outra, porque ditas teorías funcionan baixo supostos de información perfecta que non se ten. E como isa información non se ten, o medo levaría a tratar por igual bancos bos e malos e, como xa dixemos, ante un pánico non se libran nin unhos nin outros, nin o governo de intervir para, xa con cargo os contribuintes, garantir ex –post os aforros.
Resumindo: Os nosos aforros están, e teñen que estar seguros dunha maneira ou de outra, porque do contrario colapsaríase o sistema económico. O que se bota de menos son unhas declaracións ou feitos guvernamentais máis tranquilizadores, como sería unha garantía á irlandesa, e tamén unha prensa un pouco menos sensacionalista e apocaliptica que, por vender, pode provocar pánicos sociais.
Naceu en Ponferrada en 1964. É licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Alcalá e "Master en Facenda Pública: Gasto Público e Programación Económica" polo Instituto de Estudios Fiscales. Traballou na Consellaría de Economía da Comunidade de Madrid, e na actualidade é director dunha oficina bancaria na provincia de Lugo. »