Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Alberto Estévez


Alberto Estévez

Alberto Estévez Suárez naceu en Vigo en 1970. Vencellado a Amnistía Internacional desde hai 20 anos. Desde 2000 ata 2003 traballou como consultor internacional na preparación da campaña mundial "Armas Baixo Control". Actualmente traballa como voluntario na agrupación viguesa de AI e asesora á Sección española de AI en temas de comercio de armas.

Licenciado en Filoloxía Inglesa, dirixe unha axencia de tradución en Vigo. Vencellado a Amnistía Internacional desde hai 20 anos, foi membro do Comité Executivo da Sección española da organización a principios dos anos 90. A mediados desa década asumíu a coordinación do traballo sobre comercio de armas, formación militar e policial de Amnistía Internacional España, así como o labor sobre empresas e Responsabilidade Social Corporativa. Desde 1995 foi o responsable da Sección española de Amnistía Internacional nas campañas realizadas en coalición con Médicos Sen Fronteiras, Greenpeace e Intermón Oxfam sobre transparencia no comercio de armas ("Hai segredos que matan"), as armas lixeiras ("Adeus ás armas") e a campaña europea a prol dun Código de Conducta sobre comercio de armas. Desde 2000 ata 2003 traballou como consultor internacional na preparación da campaña mundial "Armas Baixo Control" que están a facer Amnistía Internacional, Oxfam Internacional e unha rede intenacional de ONG (IANSA). Actualmente traballa como voluntario na agrupación viguesa de AI e asesora á Sección española de AI en temas de comercio de armas.