José Ramom Pichel Campos, nacido no 72 na cidade de Compostela ao terceiro dia exilou-se na Travesa de Vigo (Vigo). Gosta desde meniño dos computadores e das linguas. Enxeñeiro informático pola UDC, cofundador da plataforma polo galego na informática no ano 1994. É actualmente o director da área de enxeñaría lingüística da empresa imaxin|software, da que foi un dos seus fundadores no ano 1997.
Tenta realizar artigos sobre as relacións entre sociedade e tecnoloxías da información para Bravu.net, Novas da Galiza e a revista electrónica Omnibus; tamén ten publicado varios artigos sobre terminoloxía no campo dos computadores. É membro de diferentes organizacións en defensa da língua. Acredita na sociedade civil, no entanto.