Naceu en San Martiño de Laxe (Moraña) en 1978.
Licenciouse en Filoloxía Galega na USC. Traballou na Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social en Galiza (Fesga). No eido audiovisual participou, como realizador, en documentais como Ferreiros dun mundo mellor; Bautista Álvarez, unha vida para a nación; ou Lección de dignidade.